30
- Ata o de agora o 80% do espazo estaba infrautilizado
O Concello de Muxía continúa promovendo unha reestruturación integral do edificio de usos múltiples, dándolle unha nova vida diversificando a súa funcionalidade, pois ata o de agora o 80% do espazo estaba infrautilizado. Varias empresas locais xa comezaron os traballos tanto no interior coma nas cubertas.
Desde o executivo local subliñan que ‘se reformulará o contido e se creará un espazo adicado á catástrofe do Prestige’, pensando incluso sobre ‘unha xornada de portas abertas cando as obras estean terminadas, para que a veciñanza coñeza este espazo’.
Tamén se poñerán á disposición das asociacións do municipio varias aulas para que desenvolvan nas mesmas a súa actividade.