Este mércores o concelleiro de Obras e Medio Rural de Muxía, Javier Romar, visitou diferentes puntos do municipio para organizar e coordinar distintas obras e intervencións que se levarán a cabo en canto a situación meteorolóxica o permita. Estas intervencións forman parte do Plan presentado polo goberno local para mellorar as infraestructuras do municipio.
Ademais, os operarios municipais continúan limpando determinados camiños despois das fortes chuvias para garantizar a seguridade da cidadanía.