- Neste plan contémplase a contratación de 13 operarios e a adquisición de maquinaria de mantemento
O goberno de Muxía, composto por tres concelleiros do PSOE, levará ao pleno deste xoves a activación dunha bolsa de emprego para contratar a 13 operarios e adquirir maquinaria de mantemento (retroexcavadora e brazo desbrozador) de cara a impulsar o rural. Segundo membros da executiva local esta iniciativa «sairá adiante se a oposición non o impide».
Este plan de emprego terá como principal función a limpeza e adecuamento das cunetas do concello, o mantemento das vías de interconexión parroquial e a conservación das infraestruturas municipais.
“Sería unha mágoa que puidendo poñer en valor estas zonas do noso municipio durante gran parte do ano, non se levara a cabo por puro capricho político” destacou o alcalde, Iago Toba, ante os rumores de que «xa houbo contactos previos entre os grupos de oposición para botar abaixo esta proposta».