29
- Desde a Executiva local tamén proporán, no próximo pleno, destinar 400.000 euros a melloras dos viais da vila muxiá
O Concello de Muxía anunciou a licitación de catro obras por uns 380.000 euros. Intervencións «moi demandadas pola veciñanza e que son un antigo anhelo do executivo», afirman desde o grupo de goberno. As actuacións son as seguintes: o acondicionamento da instalación deportiva de Suxo (máis de 85.000 euros), o abastecemento de auga a Morpeguite e Os Pasantes (158.000 euros), a mellora da rede de saneamento e dos servizos pluviais de Frixe (93.000 euros) e o acondicionamento do vial entre Senade e Trasufre (41.000 euros).
Por outra banda, o equipo de goberno proporá no pleno do próximo venres destinar preto de 400.000 euros a diferentes melloras dos viais da vila da Barca.