Varias compañías de telefonía e telecomunicacións como Movistar, R, ou Comenersol non están prestando os servizos contratados por supostas averías que nalgúns casos duran semanas e que se consideran periodos inadmisibles. Esta queixa é a que trasladan afectados e afectadas pola problematica que incluso permanece nalgunhas compañías a día de hoxe aos membros do grupo municipal socialista, especificando ademáis que puxeron a situación en coñecemento do goberno local, pero que non fixeron ningunha xestión oficial para tentar solucionalo.
Comprobada a veracidade dos feitos e ante a inacción do Goberno local, o grupo municipal socialista está a elaborar unha reclamación colectiva contra as compañías de telecomunicacións implicadas co fin de valorar os prexuízos e as posibles consecuencias e que trasladará tamén a consumo.
Estas accións coordinadas polo grupo socialista buscan como último fin o reestablecemento óptimo do servizo, pero tamén o asesoramento e tramitación das posibles reclamacions dos afectados que se unan a este procedemento.
“Todos os membros do grupo municipal, formado polos cinco concelleiros socialistas, poñémonos a disposición dos afectados para axudarlles nas suas demandas e asesoralos no procedemento de solución e reclamación do servizo. Só teñen que contactar connosco e informarémoslles de todos os pasos. Elaboraremos unha acción coordinada que repercuta positivamente no reestablecemento total dos servizos que agora non se están prestando coa calidade requerida” afirma o portavoz socialista Iago Toba Campaña.
E é que o grupo municipal considera que no mundo actual donde as mesmas administracións esixen a xestión dixital de casi a totalidade de servizos, non pode ser que non axuden a solucionar a problematica que a veciñanza denuncia, e no mesmo senso, que as compañías de telecomunicacións non clasifiquen á clientela de primeira ou de segunda segundo donde esté prestando o servizo, xa que as cuotas de pago dos clientes é a mesma nunha grande cidade como nun pequeno lugar do rural, polo que se esixe a mesma calidade de servizo contratado.