O goberno de Muxía presenta este mércores as primeiras obras de mellora en infraestruturas

1 minutes read
  • Estes traballos contarán cunha partida orzamentaria de case medio millón de euros, con cargo ao Plan Único

O goberno local do Concello de Muxía presentará no pleno deste mércores a primera parte do segundo plan de obras para mellorar as infraestruturas do municipio. Estes traballos, que se sumarán aos xa executados nunha primeira batería o ano pasado, contarán cunha partida orzamentaria de case medio millón de euros con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña.

Tal e como sinalou o alcalde, Iago Toba, estas novas obras responden a “necesidades básicas que os veciños e veciñas trasladaron ao equipo de goberno”.

As intervencións estarán divididas en dúas partes, e na primeira delas executaranse diversos traballos de mellora no municipio como a traída de agua a Morpeguite e os seus camiños interiores; no parque infantil en Suxo; na conexión de saneamento en Labexo; na adecuación da pista deportiva en Quintáns e melloras de diversas vías de Gatarante, Calo ou Trasufre, entre outras zonas.

No eido social, o equipo de goberno incrementará a cuantía na axuda a domicilio, en emerxencia social e no plan de traslado para a vacinación presentada semanas atrás.