O Goberno de Muxía recibe os permisos para a construción da ponte de Vilachán

O Goberno local de Muxía, unha vez recibido o permiso por parte de Augas de Galicia para a construción da ponte de Vilachán, propón a celebración dun pleno na primeira semana de marzo para a aprobación do financiamento da obra con fondos propios, que sumará un investimento de máis de 70.000 euros.

A ponte realizarase con material prefabricado e foi deseñada por un enxeñeiro experto na materia, onde a montaxe con este sistema mellorará os prazos de execución da obra.

Desde o goberno local destacan que “queda clarificado que tan pronto se obtiveron todos os permisos, sobre todo o de Augas de Galicia, todo o traballo está listo e preparado. Agora, e previo informe de intervención, levarase a pleno de maneira inminente”, conclúen.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha