O goberno de Muxía repartirá entre once empresas locais obras por valor de 450.000 euros

Cedida

  • O executivo mantivo esta semana reunións coas constructoras do municipio

O equipo de goberno local de Muxía repartirá 450.000 euros en obras entre once empresas locais formadas por «xente de aquí, que pisa as nosas estradas e que coñece de primeira man as súas necesidades», sinalan desde o Concello.

Esta semana o executivo mantivo xuntanzas con representantes das construtoras do municipio para abordar os traballos e a súa distribución, que principalmente se darán no rural. Entre as intervencións contémplase a ampliación do saneamento de Labexo, Chorente e Ozón; a mellora viaria de Suxo a Gatarante, de San Martiño a Merexo, Senante, Trasufre, As Fraguas,de Añobres a Os Muíños, Vilamaior, Risamonde, Xanzón e Castelos; e tamén o acondicionamento da rúa A Pedriña e do campo de fútbol A Arliña.