O Goberno de Pedro Sánchez garante que Ence quedará en Galicia


O Goberno socialista presidido por Pedro Sánchez, delegou na ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, para manter unha xuntanza co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feióo. Entre outros asuntos, trataron o futuro de Ence na comunidade. O líder galego insistiu na continuidade da pasteira en Lourizán, e entregou á ministra o informe elaborado polo Consello Consultivo no que os maxistrados consideran “viable” que os terreos pasen a titularidade portuaria, o que sortearía as sentenzas que tomban a actual prórroga de Ence. Ribera comprometeuse a estudar o informe e insistiu en que Ence quedará en Galicia, aínda que pediu á Xunta que colabore coa empresa na procura de posibles localizacións alternativas e facilite terreos viables para a recolocación da fábrica.