O Goberno de Ponteceso continua coa limpeza dos parques infantís

1 minutes read

Rematada a limpeza a presión de todo o parque da escola infantil Galiña Azul de Ponteceso. Tamén se realizaron tarefas de lixado, barnizado e reparación do valado de toda a área infantil, ademais da substitución da maioría dos solados de madeira e a instalación de céspede.
A concelleira de educación e o alcalde visitaron a instalación no día previo ao Consello Escolar da escola infantil. O Concello cofinancia o servizo por cada praza, incluso de alumnado de fóra do Concello, e corre cos gastos de mantemento, limpeza e enerxía.
Recentemente ampliouse unha aula máis para gañar prazas dispoñibles, renováronse os interiores e instalouse un tellado novo cun forte illamento. Antes desta instalación, a temperatura en xullo chegaba aos 30 grados e facía frío no inverno.