- A instalación foi aprobada pola Deputación como unha mellora na xestión de residuos
O goberno de Ponteceso visitou o lugar de Balarés para comprobar as obras da instalación dunha fosa séptica que mellorará a xestión dos residuos da cafetería da Deputación, dos baños públicos e da base de socorrismo.
A fosa ten unha capacidade de 15.000 litros e dous depósitos, cun sistema de filtrado especial.
O goberno pasou tamén polo Couto onde, co apoio do Concello, a Fundación Eduardo Pondal está realizando un importante traballo no espazo Educar.