O goberno de Sánchez contará con catro vicepresidencias, tres delas encabezadas por mulleres


  • Carmen Calvo, Nadia Calviño e Teresa Ribera conforman as catro vicepresidencias xunto con Pablo Iglesias

O primeiro goberno en coalición da democracia comeza a tomar forma e contará con catro vicepresidencias, entre as que destacan tres mulleres, segundo confirmou a Moncloa durante a mañá deste xoves.

O cargo de vicepresidente de Dereitos Sociais e Axenda 2030 recaerá en Pablo Iglesias, mentres que Carmen Calvo será a vicepresidenta primeira do Goberno de coalición que presidirá Pedro Sánchez. Nadia Calviño, actual ministra de Economía e Empresas seguirá xestionando os temas económicos así como a transformación dixital do novo goberno mentres que os temas supeditados á Trasnsición Ecolóxica e o Reto Demográfico serán xestionados por Teresa Ribera.

Ata á próxima semana non se confirmarán todos os postos, pero polo de agora sábese que Irene Montero de Unidas Podemos será ministra de Igualdade; a galega de Galicia en Común Yolanda Díaz, de Traballo; o economista Manuel Castells, de Universidades; e o líder de Esquerda Unida, Alberto Garzón, de Consumo.