‘O Goberno de Sánchez investiu máis de 23M€ en Bergantiños’, segundo Miñones

1 minutes read

O ministro de Sanidade participou no mitin central do PSdeG na comarca de Bergantiños celebrado en Carballo, xunto a Bernardo Fernández Piñeiro, Xosé Sánchez Bugallo e M. Carmen Vila Blanco.

Miñones reivindicou na súa intervención que a de Bergantiños é “unha comarca na que este Goberno investiu máis de 23 millóns de euros”, en proxectos “de mobilidade sostible, de iluminación, que favoreceron que os Concellos aforrasen e os puidesen adicar á súa veciñanza”.

Ademais, “nunca antes Galicia recibira tantos cartos para fomentar o turismo sostible” sinalou o candidato ao Congreso e ministro de Sanidade. Miñones destacou que o de Pedro Sánchez é “o Goberno máis galego da historia”, e advertiu que “Vox e o PP queren tirar todo isto abaixo”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?