O Goberno declara aloxamentos «esenciais» 37 hoteis e apartamentos galegos

1 minutes read
  • Deberán acoller traballadores ligados ás actividades autorizadas. 

A inmensa maioría dos hoteis xa foron pechando as súas portas logo da declaración de estado de alarma na medida en que os clientes regresaron aos seus lugares de orixe.

37 establecementos quedan abertos en toda Galicia para dar cobertura a profesionais cuxa actividade laboral segue permitida e para aqueles que teñen hóspedes de longa duración. Transportistas, ferroviarios, sanitarios, persoal de mantemento de subministracións e tripulacións de barcos son algunhas das excepcións permitidas na modificación do decreto. O sector afronta esta nova etapa inmerso nunha grande incerteza polo seu futuro.

A norma abrangue hoteis, aloxamentos turísticos, apartamentos de curta estadía, cámpings, aparcadoiros de caravanas e calquera tipo de establecemento de hóspedes.

Estes son todos os que o Ministerio de Transportes publica este mércores no Boletín Oficial del Estado (BOE)