O Goberno defende que o confinamento “salvou 450.000 vidas”


A ministra de Xustiza, Pilar Llop, indicou este mércores que “o Goberno respeta pero non comparte” a decisión do Tribunal Constitucional (TC) de declarar inconstitucionais as restricións á circulación de persoas e vehículos no estado de alarma decretado en marzo de 2020 para frear a pandemia de coronavirus, á vez que defendeu que o confinamento serviu para “salvar máis de 450.000 vidas”. O Goberno considera que foi “absolutamente imprescindible para salvar vidas e conforme á Constitución e á lei orgánica do Estado de Alarma”. Segundo defenderon, “non sería posible manter as medidas necesarias para deter o seu avance máis aló de 60 días”. O Goberno vai estudar a sentenza do Tribunal Constitucional, que lembraron que “foi adoptada por unha maioría de seis votos contra cinco, o que dá a entender o debate interno que suscitou este fallo”. Desde Moncloa aseguraron que respetan a sentenza, aínda que se mostran sorprendidos polo seu “carácter inédito”.