A ministra de Xustiza, Pilar Llop, indicou este mércores que «o Goberno respeta pero non comparte» a decisión do Tribunal Constitucional (TC) de declarar inconstitucionais as restricións á circulación de persoas e vehículos no estado de alarma decretado en marzo de 2020 para frear a pandemia de coronavirus, á vez que defendeu que o confinamento serviu para «salvar máis de 450.000 vidas». O Goberno considera que foi «absolutamente imprescindible para salvar vidas e conforme á Constitución e á lei orgánica do Estado de Alarma». Segundo defenderon, «non sería posible manter as medidas necesarias para deter o seu avance máis aló de 60 días». O Goberno vai estudar a sentenza do Tribunal Constitucional, que lembraron que «foi adoptada por unha maioría de seis votos contra cinco, o que dá a entender o debate interno que suscitou este fallo». Desde Moncloa aseguraron que respetan a sentenza, aínda que se mostran sorprendidos polo seu «carácter inédito».
38