O Goberno desaconsella as manifestacións o 8-M

O Executivo central desaconsella as manifestacións e avoga por outro tipo de accións que cumpran con garantías con todas as normas sanitarias. A vicepresidenta primeira do Goberno asegurou que vai participar «en todos os formatos posibles que non poñan en risco as decisións das autoridades sanitarias». «Xa nos gustaría, pero non podemos saír ás rúas nas condicións en que quereriamos. A pandemia está antes, preservar vidas está antes», declarou Carmen Calvo. Podemos tamén instan a cumprir coas medidas. Victoria Rosell, delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, asegurou en que «este ano toca facer caso a todas as recomendacións pero que ninguén nos dea leccións ás mulleres, dende a dereita, de coidar a saúde, de salvar vidas». As organizacións convocantes están descartando as grandes manifestacións e piden prudencia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha