O Goberno destina 15,2 M€ a melloras na Paisaxe da Luz, en Madrid


O ministro de Cultura e Deporte, MiquelIceta, e a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, presentaron as principais actuacións que levarán a cabo para mellorar o coñecido como Paisaxe da Luz, situado no eixo museístico de Madrid e que foi declarado patrimonio Mundial pola UNESCO. Os fondos proveñen do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e alcanzan unha cifra total de 15.279.959 euros para actuacións na capital de España. Este investimento forma parte do Plan de Modernización e Competitividade Turística, dotado con 35 millóns de euros, creado polo Ministerio de Maroto para manter reformar e rehabilitar patrimonio histórico de uso turístico en diferentes puntos de España.

Os ministros Maroto e Iceta presentaron este luns o proxecto máis importante en termos de investimento, que corresponde á Paisaxe da Luz de Madrid, Trátase de obras de mellora no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, tanto na súa sede principal como no Palacio de Velázquez do Parque do Retiro, por valor de 5.687.000 euros.