O Goberno destina 170 millóns de euros para modernizar as políticas de emprego en Galicia

1 minutes read

As comunidades autónomas apoiaron este mércores por unanimidade a nova estratexia de emprego proposta polo Goberno, máis de 2.100 millóns de euros para dixitalizar os servizos de emprego, afinar os itinerarios personalizados de busca de traballo ou incorporar as empresas a unha base de datos de empregadores. Ademais, por primeira vez todas as medidas estarán suxeitas a unha avaliación permanente. A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, explicaba que «non é cun ánimo de penalizar, senón todo o contrario. Co de ir corrixindo erros, o que funcione, potencialo e o que non, dar un paso atrás». Só Murcia votou en contra dunha repartición en que a Galicia lle corresponderon 170 millóns de euros.