O Goberno destina máis de 230 M€ á transformación dixital da Atención Primaria


O Goberno de España destina máis de 230 millóns de euros para impulsar a transformación dixital da Atención Primaria no Sistema Nacional de Saúde (SNS) dentro de PERTE de Saúde de Vangarda. Este montante procede de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a través de distribución de fondos ás comunidades autónomas nos anos 2022 (70 millóns de euros) e 2023 (160 millóns de euros).

Os proxectos destinados á transformación dixital de Atención Primase sitúanse en tres áreas funcionais de actuación: CSI Centro Sanitario Intelixente Dixital; Atención Personalizada e Transformación dixital dos servizos de soporte da actividade sanitaria. Estes proxectos están a desenvolverse a través de sete grupos de traballo que se definiron xunto ás comunidades e cidades autónomas baixo a coordinación do Ministerio de Sanidade sempre aliñados coa Estratexia de Saúde Dixital do SNS aprobada polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS).