O Goberno distribuirá mascarillas no transporte público dende o luns

0 minutes read

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, asegurou que o Goberno de España recomenda o uso de máscaras reutilizables nos traxectos para desprazarse aos postos de traballo nos que poida haber aglomeracións, e por iso as distribuirá a partir do luns en estacións de metro e proximidades. En concreto, repartiranse naqueles medios de transporte onde sexa máis difícil gardar a distancia de seguridade, segundo dixo o ministro na conferencia de prensa telemática posterior ao Consello de Ministros, na que avanzou que se activará a produción e distribución nacional deste produto.