O goberno dos EUA prohibe a distribución de TikTok e WeChat

1 minutes read

O Goberno de Donald Trump, vetará TikTok e WeChat, servizos de propiedade chinesa que usan máis de 100 millóns de persoas no país, segundo informou o Departamento de Comercio.

As restricións ditadas este venres prohibirán a transferencia de fondos ou o procesamento de pagos mediante WeChat dentro dos Estados Unidos a partir deste domingo, mentres que as restricións que afectan a TikTok entrarán en vixencia o 12 de novembro.

En reiteradas ocasións, Trump asegurou que TikTok, unha das redes sociais que máis creceu nos últimos anos, supón unha “ameaza” para a seguridade nacional de Estados Unidos e busca forzar a súa venda a unha empresa estadounidense.