O Goberno e Ciudadanos pactan prorrogar o estado de alarma 15 días máis

Unha imaxe de Pedro Sánchez e Inés Arrimadas

  • Este mércores votarase no Congreso a ampliación do estado de alarma ata o 7 de xuño

O Goberno e Ciudadanos acordaron este martes unha prórroga do estado de alarma de 15 días, ata o 7 de xuño, ao non querer este último alongar a situación durante un mes, como pretendía o Goberno de Sánchez.

O partido de Inés Arrimadas asegura así o apoio de Ciudadanos ao Goberno para evitar un acordo cos partidos nacionalistas, aínda que Esquerra Republicana de Cataluña asegurou que hai un principio de acordo para a súa abstención na votación da prórroga este mércores no Congreso.

Mentres tanto, o Ministro de Sanidade, Salvador Illa, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros que cren «necesario e imprescindible unha prolongación do estado de alarma ata o fin da desescalada» e non descarta unha nova prórroga para garantir as restricións de mobilidade durante o plan de desescalada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha