O Goberno e Illes Balears acordan o traspaso da xestión do litoral

A ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou que o traspaso da xestión do litoral a esta comunidade autónoma «vén precedido da convicción do Goberno de España de axudar a un territorio do noso país con circunstancias singulares pola súa insularidade», e subliñou a importancia de culmimar esta transferencia, que entrará en vigor o 1 de xullo.

O traspaso supón un paso importante na consolidación do novo modelo de xestión do dominio público marítimo-terrestre, representa o recoñecemento á singularidade insular balear, para que a Administración autonómica poida proxectar as súas competencias sobre o espazo marítimo que rodea as illas, e garantir así uns niveis de protección acordes coas demandas da cidadanía balear e dos seus sectores produtivos, en particular o turismo.

Isabel Rodríguez, que se reuniu coa presidenta do Govern balear, Francina Armengol, e presidiu a Comisión Mixta de Transferencias Administración Xeral da Estado-Comunidade Autónoma das Illes Balears, remarcou, dentro do compromiso coa insularidade, «os avances importantes no réxime especial das Illes e o compromiso do presidente Sánchez para que os Orzamentos Xerais do Estado aborden as particularidades fiscais deste réxime especial, cumprindo coas demandas da Comunidade Autónoma».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha