A imposición da máscara no exterior acordouse na Conferencia de Presidentes o 22 de decembro para atallar o avance da variante ómicron na poboación. Agora, a ministra de Sanidade, Carolina Darias, anunciou que o vindeiro martes o Goberno eliminará a obrigatoriedade do uso das máscaras en exteriores despois de que o luns se debata este asunto no seo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. «Publicarase no Boletín Oficial do Estado do mércores para que entre en vigor a partir do xoves da próxima semana», sinalou Darias, quen defendeu que isto se debe á boa evolución dos indicadores epidemiolóxicos.
O Goberno eliminará o martes o uso obrigatorio das máscaras ao aire libre
Imaxe de persoas con máscaras_Cedida