O Goberno español aproba o anteproxecto de Lei Trans

  • A lei autorizará a cambiar de sexo no rexistro civil a partir dos 16 anos e dos catorce co consentimento de pais ou titores.

O Goberno español aprobou o anteproxecto de lei Trans, que autoriza a libre autodeterminación de xénero. Con ela, os cidadáns poden cambiar de xénero no rexistro civil coa súa soa declaración, sen necesidade de presentar informes médicos, psicolóxicos nin comezar ningún proceso de hormonación. Segundo a ministra de Igualdade Irene Montero, pon a España á vangarda de Europa. A negociación desta lei provocou unha gran división entre os socios de Goberno, PSOE e Podemos e recibiu duras críticas de movementos feministas. Montero, de Podemos, veo doutra maneira. Sancionarase con multas de ata 20.000 euros a humillación de alguén pola súa orientación ou identidade sexual. E de ata 150.000 as terapias de conversión para tentar modificar a orientación sexual.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha