O Goberno español aproba o gasto para a rebaixa das peaxes da AP-9

O Goberno autorizou o gasto previsto polo Ministerio de Transportes para rebaixar as peaxes da autoestrada AP-9. Serían 2.300 millones de euros ata o 2048. É un trámite necesario para aprobar, en última instancia, o decreto que abarate as tarifas, un decreto para o que aínda non hai data e que segue pendente do visto e prace doutros departamentos como o Ministerio de Facenda. Dende o Goberno aseguran que se manteñen as datas comprometidas polo anterior ministro, José Luis Ábalos, quen falaba de xullo. O delegado do Goberno en Galicia matizaba: «Xullo para completar os trámites e oxalá, -dixo-, os descontos empecen a aplicarse en agosto».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha