O Goberno español destina 121 millóns de euros para melloras no Camiño de Santiago


O Consello de Ministros aprobou un novo paquete de axudas ao turismo de 720 millóns de euros, dos que 565 millóns destinaranse a financiar proxectos que melloren a competitividade do sector a través do Fondo para a Competitividade das Empresas Turísticas (FOCIT). Entre estas axudas, 45 millóns de euros, irán dirixidos a comunidades autónomas e concellos para melloras en destinos como o Camiño de Santiago. A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, destacou que Galicia é a comunidade máis beneficiada por este paquete de axudas, porque recibirá en total 42 millóns de euros, coincidindo co Xacobeo 2021-2022. Destes fondos beneficiaranse 11 comunidades polas que pasa o Camiño de Santiago (62,13 millóns); as 15 Cidades Patrimonio da Humanidade (45 millóns), e o Camiño Ignaciano de Manresa (2,71 millóns).