O Goberno español lanza un programa de dixitalización das pemes e autónomos


A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, presentou o Kit Dixital, o programa de axudas do Plan de Recuperación impulsado polo Goberno para promover a dixitalización de pemes e autónomos, que contribuirá a modernizar o tecido produtivo español. O programa está dotado cun orzamento de 3.067 millóns de euros, financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU e ten o obxectivo de dixitalizar a de pemes e autónomos en todo o territorio nacional.

Tras a publicación nos próximos días da orde de bases, que recollerá o funcionamento do programa, sairá unha invitación pública para que os axentes digitalizadores poidan unirse ao programa e ofertar as súas solucións. Posteriormente, durante o período 2021-2023, lanzaranse varias convocatorias de axudas dirixidas aos diferentes segmentos de pemes e autónomos. A primeira convocatoria de axudas, cun investimento de 500 millóns de euros, irá dirixida a pemes de entre 10 e 49 traballadores.