40
A ministra María Jesús Montero di entender a decepción dos territorios que seguirán na fase 0, pero insiste en que as decisións se toman en base a criterios sanitarios. O ministro de Sanidade destacou na súa comparecencia o bo funcionamento da cogobernación coas comunidades. Salvador Illa asegurou que se estudarán no plenario da interterritorial do Sistema Nacional de Saúde cos conselleiros da Sanidade algunhas das propostas dos líderes autonómicos. O Goberno comprometeuse ademais a estudar «nas vindeiras semanas» fórmulas para abordar a conciliación en familias con nenos, ante o regreso paulatino dos pais aos seus postos de traballo.