O Consello de Ministros presentou o anteproxecto de lei que regula a protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e loita contra a corrupción, como resultado da transposición dunha directiva comunitaria sobre a materia. A ministra de Xustiza, Pilar Llop, explicou que os informantes son as persoas que comunican, dentro dunha organización pública ou privada ou a través de canles externas, infraccións no ordenamento xurídico interno ou da Unión Europea.
Llop concretou que o obxectivo da transposición desta directiva é protexer a esas persoas que informan de asuntos relacionados coa corrupción, con fraudes ou violacións de leis nos países da Unión Europea ou de infraccións do dereito interno. Con esta norma, calquera cidadán, traballador ou funcionario público poderá denunciar as operacións, subvencións e adxudicacións sospeitosas que coñeza no seu ámbito laboral ou profesional, e a lexislación terá a obrigación de ofrecerlle unha protección real e efectiva ante calquera represalia, incluído a súa contorna se fose necesario.
34