O Goberno indulta aos nove presos do ‘procés’


O Goberno concedeu os indultos parciais aos nove líderes presos do ‘procés’ tras un Consello de Ministros que durou catro horas e no que interviñeron todos os titulares do Executivo. O presidente, Pedro Sánchez, compareceu pouco despois para defender as razóns de «utilidade pública» para concedelos e defendeu que é a «mellor decisión» para Cataluña e para o resto de España. Quedan conmutadas por completo as penas de prisión (tanto por sedición como por malversación) dos líderes, que cumpriron xa máis de tres anos e medio de condena. Non ocorre o mesmo coas de inhabilitación, que se manteñen intactas, e é que o indulto non podía ser total dada a oposición do Tribunal Supremo, que ditou sentenza. Por outra banda, os indultos están condicionados a que os presos non cometan ningún delito, dependendo de cada caso, nun período de entre tres e seis anos despois da súa concesión.