O Goberno inicia o proceso para crear o nó de transición enerxética das Pontes

2 minutes read

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, por medio do Instituto para a Transición xusta decidiu avanzar na celebración de concursos de transición xusta nas comunidades autónomas de Andalucía, Asturias e Galicia, co fin de outorgar dereitos de acceso á rede eléctrica a proxectos de renovables que se executen en zonas vinculadas ao peche de centrais térmicas de carbón.

En concreto, o gabinete dirixido por Teresa Ribera iniciou a fase de información pública das bases reguladoras do concurso do nó de Lancha, en Córdoba; e a aberto a consulta pública previa dos concursos de Narcea e La Pereda en Asturias, e de Meirama en Galicia, informou o Ministrio.

Estes concursos en Andalucía, Asturias e Galicia forman parte dunha segunda onda de concursos en nós de transición xusta, tras a experiencia previa do nó Mudéxar 400 kV en Andorra (Teruel), onde a instalación de renovables resultou acompañada de múltiples proxectos industriais, agroalimentarios e do sector servizos, cunha creación de emprego superior ao afectado polo peche da central térmica de carbón.

En concreto, en Galicia iniciouse a consulta pública previa para tramitar o concurso do nó de transición xusta de Meirama 220 kV, que beneficiará a cinco concellos: Carral, Cerceda, A Laracha, Ordes e Tordoia. Estes concursos priorizan os proxectos que minimizan a afección ambiental e maximizan os beneficios socioeconómicos locais para mitigar o impacto do peche das centrais.

Estes concursos de transición xusta súmanse a outros instrumentos de apoio xa despregados para as zonas, como convocatorias de axudas a proxectos empresariais xeradores de emprego, a pequenos proxectos de investimento e a proxectos municipais e de infraestruturas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?