O Goberno instalará unha nova iluminación ornamental no Parador de Ferrol

1 minutes read

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, anunciou que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo investirá 118.909,3 euros para a instalación dunha nova iluminación ornamental e eficiente no Parador de Turismo da cidade de Ferrol.

María Rivas subliñou que esta mellora incrementará o potencial deste establecemento e “mellorará a oferta turística da cidade de Ferrol a través dun dos seus establecementos máis emblemáticos e céntricos así como contribuír ao embelecemento do barrio da Magdalena” afirmou. A subdelegada fixo estas declaracións durante unha visita ao Parador de Turismo na que estivo acompañado polo alcalde de Ferrol, Ángel Mato; a deputada no Congreso Natividade González e polo director do establecemento, José Antonio Cedena.

En concreto, o Ministerio de Industria, a través da Secretaría de Estado de Turismo, reservou esta partida para mellorar a iluminación externa do edificio, que combinará criterios ornamentais e criterios de eficiencia enerxética.