O Goberno italiano aproba un imposto do 40% sobre os beneficios dos bancos

1 minutes read

O Goberno italiano presidido pola ultradereitista Giorgia Meloni aprobou a creación dun imposto do 40% sobre os beneficios extraordinarios dos bancos, limitado aos anos 2022 e 2023 e que non superará o 25% do patrimonio neto, e cuxa recadación se destinará integramente a “apoiar a compra de hipotecas e aos recortes fiscais”. A nova taxa foi incluída por sorpresa no último decreto aprobado polo Executivo de Giorgia Meloni antes das vacacións estivais, xa que non figuraba no borrador publicado polos medios italianos nos días previos á súa aprobación.

Segundo a norma, activarase se a marxe de intereses rexistrado en 2022 “supera o valor do exercicio 2021 en polo menos un 3%”, unha porcentaxe elévase ao 6% se se compara 2023 co ano anterior. O imposto extraordinario instituido para 2023 ten un tipo do 40%, pero o importe, en calquera caso, non poderá superar unha proporción igual ao 25% do valor dos activos netos ao final do exercicio precedente ao que estea en curso o 1 de xaneiro de 2023. Ademais, non é deducible a efectos do imposto sobre a renda e do imposto rexional sobre actividades económicas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?