O goberno local apoia a mobilización de SOS Hostalaría Betanzos


Representantes do goberno local, encabezados pola alcaldesa, María Barral, apoiaron a manifestación de SOS Hostalaría Betanzos e comerciantes nas súas reivindicacións ante a situación que están a padecer polas restricións pola Covid-19. María Barral, que mantivo hai uns días unha reunión con representantes da plataforma  para coñecer de primeira man as súas reivindicacións e tratar de tender pontes, este venres reiterou o seu apoio ás demandas e a procura de acordos dentro das limitacións que ten a Administración local.