O Goberno local coruñés destinará máis de dous millóns de euros ás bolsas comedor

O Goberno da Coruña aprobou as bases que regularán a nova convocatoria de bolsas comedor, en que o Concello partirá 2.050.000 euros, a cifra máis alta na historia desta axuda. A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que no momento actual, «as familias máis vulnerables son a nosa principal prioridade». Como novidade, acadarán a máxima puntuación, ademais das beneficiarias de RISGA ou Renda Social Municipal que xa foron incluídas o ano pasado, as que reciban o Ingreso Mínimo Vital ou un subsidio por desemprego. Establécese ademais un novo rango de valoración para aquelas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade como consecuencia da pandemia, ben sexa porque están no paro, en ERTE ou en cesamento de actividade. O concello asignará así inicialmente unha cantidade superior ás de exercicios anteriores, en que se destinaron 1,5 millóns de euros. En 2020, incrementáronse finalmente as axudas con outros 550.000 euros máis, debido ao alto número de concesións. Ademais, esta convocatoria implica un aumento de 1.000 até 8.000 euros, a renda per cápita da unidade familiar para o acceso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha