A recuperación desta partida enmárcase no diálogo aberto entre o Goberno local e o grupo da Marea Atlántica para a negociación das ordenanzas fiscais do 2022, os novos investimentos e os Orzamentos municipais do ano 2022.
O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior e voceiro do Goberno Local, José Manuel Lage, indicou que a intención «é destinar preto do 1% do futuro Orzamento municipal a investimentos e programas propostos directamente pola cidadanía».
«Somos conscientes de que queda pouco tempo para facer un proceso participativo amplo, pero entendiamos que era mellor iso que renunciar a este procedemento de participación cidadá nos Orzamentos municipais», explicou Lage Tuñas.
«As fases de participación e votación dos proxectos serán curtas porque o calendario condiciónanos, mais aínda así merecerá a pena o esforzo», indicou.