O Goberno local da Laracha reuniuse no Concello cos profesionais do sector do taxi

Taxistas - Concello da Laracha.

O tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, mantiveron unha reunión no Salón de Plenos do Concello cos profesionais do sector do taxi.

Participaron na xuntanza cinco dos oito titulares de licencias municipais que prestan actualmente este servizo público no termo municipal da Laracha.

Na reunión abordáronse temas relacionados co funcionamento do servizo, incidindo especialmente no sistema de gardas, e expuxéronse ideas para melloralo en beneficio dos usuarios do mesmo e tamén dos profesionais do sector.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha