O goberno local de Camariñas leva ao pleno a creación dunha ordenanza de saneamento

Concello de Camariñas

  • A proposta tamén inclúe a modificación do ICIO e a concesión da ocupación do monte ‘Brañas Verdes’

O goberno local de Camariñas levará ao pleno deste venres a aprobación inicial dunha ordenanza de saneamento, adaptada ao regulamento vixente, co obxectivo de mellorar o control das augas residuais que se verten á rede e aos colectores de titularidade municipal.

Por outra banda, o executivo tamén presentará unha proposta para actualizar o Imposto de Instalacións, Construcións e Obras (ICIO) e igualalo así ao porcentaxe que se aplica nos municipios colindantes, pasando dun 2% a un 3%.

A día de hoxe Camariñas ten o ICIO máis baixo que concellos como Vimianzo (3%), Zas (chega ao 4% nalgúns tramos), Cabana (preto do 3%), Muxía (3%) e Laxe (3,5%). «Realizar esta modificación vai a ser moi importante para a execución de novos investimentos que redunden na mellora da calidade de vida da cidadanía», destacou a alcaldesa de Camariñas.

Ademais, na sesión plenaria tratarase a petición da Consellería de Medio Rural da concesión de ocupación temporal por de 30 anos do monte ‘Brañas Verdes’ por parte de Electra del Gayoso para a repotenciación da liña eléctrica que dá servizo aos lugares de Brañas Verdes, Pescadoira, A Cancela, Brea, Lamastredo, Santa Mariña, Arou e outros da contorna.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha