O Goberno local de Vigo adxudica 3 ramplas mecánicas máis

A Xunta de Goberno adxudicou este luns á empresa Prace, Servizos e Obras S.A. a contratación das obras de construción da nova conexión por ramplas mecánicas entre o Colexio Losada e a Avenida de Ramón Nieto. O Concello fixa un prazo de nove meses para executar un proxecto orzamentado en 2,3 millóns euros, onde o 70 por cento, un total de 1, 6 millóns de euros correspóndense con financiamento achegado polo goberno estatal.

O alcalde detallou que se construirán 100 metros de ramplas mecánicas, salvando unha cota de 18 metros. “É unha forma moderna de contemplar a mobilidade en Lavadores”, indicou, ao lembrar que se trata do segundo corredor mecánico xa que o primeiro está próximo ao centro de saúde.

O rexedor apuntou a transcendencia do apoio do Goberno nun novo proxecto de mellora da mobilidade urbana de Vigo. “De novo o Goberno de España en auxilio de Vigo, neste caso con 1.614.000 euros en Lavadores”, incidiu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha