O goberno local de Vigo comeza a elaboración do orzamento municipal de 2024

O goberno local está a traballar no orzamento de 2024 “e comeza cunha boa situación económica”, anunciou o rexedor. Abel Caballero asegura que as condicións das finanzas no Concello “permiten seguir coa transformación da cidade como ata agora”.

O alcalde deu conta que o goberno local ten neste momento 107 millóns de euros en execución, unha cifra tres veces superior á media dos últimos anos. “No 2009 a inversións estaba en torno aos 20 millóns”, lembrou en declaracións, ao que engadiu que “esta inversión xera postos de traballo na cidade”.

Outro dos puntos que destacou o rexedor foi a débeda cero que ten o Concello desde o ano 2016: “No 2007 había 66,5 millóns de débeda. Coa subida dos tipos, moitos concellos adican parte do orzamento a pagar débeda e intereses. Nós adicamos todo o orzamento a servizos, atención á cidadanía e inversións”, reivindicou Caballero. A autonomía financeira da administración viguesa é do 60%, o que quere dicir que provén da propia recadación. O goberno local investiu 90 millóns dos aforros, os chamados remanentes.

Caballero sumou a estes datos que Vigo ten a presión fiscal máis baixa que outras cidades da mesma categoría e que outras vilas de Galicia como Santiago, Pontevedra ou A Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha