O goberno local de Vigo presenta aos fondos europeos o proxecto ‘Alcabre verde’

0 minutes read

O proxecto humanizará a Avenida de Europa para transformala nun corredor verde, a renaturalización da fronte litoral de Alcabre, a humanización da cuberta da VG-20 entre a avenida Atlántida e Navia e a conectividade ecolóxica de Alcabre co parque Nelson Mandela. O Concello solicita 4 millóns de euros para esta acción. Tamén solicita aos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia 700.000 euros para a humanización da rúa Romil e a creación dun corredor escolar na zona.