O goberno local de Vimianzo levará ao pleno un novo contrato para incrementar as horas do SAF

PIXABAY

  • O custe anual do servizo será de 543.975,40 euros

O equipo de goberno de Vimianzo exporá no pleno deste venres unha nova licitación dun Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que prevé un incremento en horas do 83,6 % con respecto á anterior, e que terá un custe total de 543.975,40 euros. O novo contrato prevé un total de 29.572 horas, case o dobre, feito que «ten correlación co incremento de horas observado no último exercicio 2020 e que responde aos feitos”, argumenta a concelleira de Benestar Social, María José Pose.

A executiva sacará a concurso un novo contrato para un «servizo que priorizará a calidade e as garantías de atención aos nosos maiores, e con miras de futuro en base ás características socio demográficas da poboación vimiancesa, cun índice de avellentamento alto».

O intervalo de atención e prestación do servizo será de 8:00 a 22:00 horas de luns a domingo, sendo outra das principais novidades a atención os 365 días do ano. A duración do contrato será de dous anos, prorrogable a outros dous.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha