Modificación orzamentaria en Muxía para destinar máis fondos a servizos e obras

Imaxe de arquivo do equipo de goberno en Muxía

  • Esta partida, de máis de 70.000 euros, será proposta na sesión plenaria do vindeiro mércores, 7 de outubro

O goberno local de Muxía presentará unha modificación orzamentaria para poder destinar máis fondos a axudas, servizos e obras. Esta partida, de máis de 70.000 euros, será un punto a someter a votación, e o executivo pretende que sexan destinados a gastos de obras como a compra de material e a adquisición dun brazo debrozador, así como a axudas para autónomos e micro empresas. Ademais, nesta partida tamén se atoparía a rúbrica dunha colaboración con AFAFeS para a creación de programa de ’Vida Activa’ do Concello de Muxía, destinado aos maiores do municipio.

«O equipo de goberno fixo os análises pertinentes para acadar o equilibrio económico e incrementar as partidas do orzamento xeral en máis de 70.000 euros, algo que se verá revertido positivamente para a veciñanza», argumenta o alcalde, Iago Toba, quen ademais sinalou que «incrementar as condicións de vida da nosa xente é o noso obxectivo prioritario».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha