O Goberno modificará o artigo 49 da Constitución

Cedida.

A vicepresidenta do Goberno e ministra da Presidencia, Carmen Calvo, anunciou este martes que o Goberno modificará o artigo 49 da Constitución para suprimir e cambiar o termo «diminuídos» en referencia ás persoas con discapacidade. Así o manifestou Calvo na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros. Espera que esta iniciativa sexa apoiada por unanimidade polo resto de partidos. Calvo xa anunciara a intención do Goberno de acometer esta reforma da Constitución de 1978 na conferencia de prensa que ofreceu o pasado 25 de febreiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha