O Goberno mostra o seu ‘rexeitamento’ ante o cambio de sede de Ferrovial a Países Baixos


O grupo construtor anunciou á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), aproveitando a súa presentación de resultados anuais, que o seu consello de administración propuxo unha fusión entre a súa sociedade matriz e a actual Ferrovial International, unha sociedade anónima europea neerlandesa que xa é titular do 86% dos activos da compañía, o que supoñerá o traslado do domicilio social de España a Países Baixos.

A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, chamou directamente ao presidente da compañía, Rafael del Pino, para expresarlle o seu “rexeitamento” pola decisión. “Foi unha conversación cordial pero firme na que lle expresei o rexeitamento e a falta de comprensión por unha decision que é errónea”, sinalou a vicepresidenta nunha entrevista, tendo en conta que “é unha empresa que debe todo a España”, dixo, e que “creceu grazas á obra pública financiada polos españois”.