As conselleiras de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e de Educación, Noa Díaz, reuníronse este mércores con representantes da Plataforma Conservatorio de Danza en Compostela para transmitirlles o apoio goberno local de Santiago ante a posta en marcha dun conservatorio profesional de danza na cidade.
Noa Díaz sinalou que existe unha alta demanda desta disciplina xa que «hai preto de 1.700 persoas, a maioría menores, que están agora mesmo estudando danza en escolas privadas, e pensamos que a Xunta de Galicia debería considerar a implantación deste conservatorio profesional de danza en Santiago».