O goberno muxián prepara propostas de calado que presentará en pleno


Entre as iniciativas impulsadas polo executivo encóntrase a construción dos vestiarios femininos e a mellora do campo de fútbol; a adquisición de novos materiais de obra para executar futuros proxectos, reparación de máquinas e vehículos municipais; un estudo técnico para a redacción de diferentes proxectos municipais; un aumento na partida económica de subministración de auga para reforzar o servizo; subvencións de concorrencia competitiva para asociacións, ANPA’s, comisións de festas, xunta local do AECC e resto de entidades con estas características; aumentar a partida para o combustible que se emprega nas máquinas municipais; e a xa mencionada reforma da escola infantil, que contará cunha renovación integral tanto en interiores como en exteriores.

Todas as propostas, xunto coa súa xustificación, foron postas previamente en coñecemento dos grupos políticos da corporación. Ademais, como novidade, estarán expostas e explicadas para todos os veciños e veciñas de Muxía no salón social do voluntariado desde este luns, 30 de agosto, de 16 a 20 horas, xunto cos planos da gardería.

O alcalde de Muxía, Iago Toba, sinala que “esta batería de propostas recollen necesidades reais da nosa veciñanza, e quixemos que se vise reflictida no que presentaremos no vindeiro pleno”, e agarda que “os grupos da oposición pensen ben na necesidade das propostas e pensen nos veciños por enriba de siglas e intereses estratéxicos xa que con estas iniciativas é toda a cidadanía de Muxía a que gaña”.