O Goberno permitirá que os concellos usen os seus remanentes


A ministra de Facenda, María Jesús Montero, explicou que “esta decisión sen precedentes de suspender as regras fiscais ten como único obxectivo darlles esa capacidade ás administracións públicas de poñer todos os seus recursos a disposición dos seus cidadáns”.

Os primeiros beneficiados son os concellos, que ven por fin despexado o camiño para usar uns aforros que a Lei de estabilidade lles impedía tocar.

Segundo Abel Caballero, presidente da Federación de Municipios e Provincias, “nesta forma de utilización está moi próxima aos 14.000 millóns de euros. É unha gran notiicia porque levabamos facendo esta demanda desde o ano 2012. Tampouco as comunidades terán que aterse a un límite de déficit. O Goberno vainos fixar igualmente, pero só como referencia.